lunes, 16 de enero de 2012

A Buxaina

 

Unha buxaina ou un peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa a súa centro graviatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase coma xoguete aínda que tamén foron usadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.
O poder xiroscópico gradualmente diminuirá debido ao rozamento do aire, conducindo a que o corpo se balancee trazando unha traxectoria circular do seu punto de apoio ata que esta é maior que o centro de gravidade provocando finalmente a caída.
 Os xogos con buxainas tradicionalmente mais representativos son os seguintes:

 As picadas ou os monos.
Neste xogo poden tomar parte todos os xogadores que queiran. O que obtivo o último posto ao determinar a orde do xogo deixa o seu trompo no acostumo e os demais lle atacan; se algún non dálle polo menos unha picada ou fai pállaras perde e deixa o seu en lugar do outro.

 Ao corro (1)
Faise un círculo e cada un dos xogadores lanza o seu trompo na orde asignado. Se este baila fora do círculo ou cae de barrigazo ou de cu panda trompo no centro do círculo e o resto deben tirar para  quitalo de este. Se algún trompo morre dentro do círculo tamén panda trompo.
O último xogador vai a por todos os trompos e se falla será el quen pande trompo.

Ao corro (2)
Se trazan dous circunferencias concéntricas, unha de 0,5 m. ou menos, e a outra duns 3 m. de diámetro. Os xogadores tiran a discreción as súas buxainas ao circuliño interior tratando de que saian bailando ata fora do círculo maior. Perden e teñen que deixar a súa buxaina dentro del, os que fagan novelos,os que non dean dentro do círculo menor ou os que dean, pero non saia o seu trompo bailando fora do círculo maior (ás veces estes últimos se deixan no sitio en que fican ao morrer).  Encanto hai algunha buxaina dentro os demais procuran quitala fora do círculo maior tirando as súas buxainas segundo as condicións impostas. O mais frecuente é tirar ao queque e, se sae bailando a buxaina propia, apañala cantas veces se poida na man para seguir dando piques e mazadas; pero pódese impor unha só clase de picadas.

 O matadoiro ou as sete nicas.
Nun extremo do campo en que se xoga se traza unha circunferencia como de 1 pé de diámetro, e no centro faise un buratiño no que colla unha buxaina. Designado a orde do xogo, vanse todos ao outro extremo do campo, e o que obtivo o último posto bota ao acostumo a súa buxaina. Os demais a forza de picadas o van levando ao burato do outro extremo; pero o seu dono con outra buxaina, tira cantas veces poida, dándolle picadas en sentido oposto e se consegue voltalo ao punto de partida ou outro xogador involuntariamente voltalo á dito punto, fica libre. Bótanse novas sortes e comeza outro xogo.
A escaramuza ou a quimera.
Os xogadores divídense en dous bandos e cada un defende un extremo do campo; no centro ponse unha buxaina vella, un canicón ou boliña de madeira, que serve de branco aos dous bandos.  Dada o sinal, comezan todos a darllepicadas procurando levarlle ao extremo do campo inimigo, e o bando que o consiga gaña un tanto.  Se pon de novo en medio e non poden atacalos inimigos ata que algún do bando que gañou o tanto anterior o tocara  co seu trompo por pouco que sexa, e así continua o xogo ata que un dos bandos gañe o número de veces convido.

 O ataque.
É outra especie de escaramuza moi divertida e de moito movemento. Designado o orde dos xogadores, os dous primeiros, se son seis ou sete, tres se oito ou nove, ou en outro proporción convida, entran na fortaleza que é unha circunferencia de 3 ou 4 m. de diámetro; os demáis fícan fora. Estes, dada o sinal para comezalo ataque poñen cada un, como a 1 m. de distancia da fortaleza unha bola, e, botando a bailar os seus trompos, con picadas de todo xénero tratan de metelas bolas no corro. Os defensores polo contrario, procuran quitalas fora; se logran unha vez ou as que conviñesen, rexeitalas todas, fican libres e entran os do outro bando a defender.


 

lunes, 26 de diciembre de 2011

A Chave (2ª parte)

A chave de Santiago:

  Fonte: Asociación da chave de Santiago


3. A CHAVE DE OURENSE.


A Chave de Ourense e de aspas (ou pás) horizontais. O vástago é unha peza grosa de ferro cun eixo groso duns 75 cm de lonxitude. Na parte inferior está afiado, para poder espetalo no chan. Na parte superior colocan-se dúas aspas, de diferente lonxitude, situando-se a máis pequena enriba e a máis grande abaixo, que viran de xeito horizontal.
Os pesos (ou pellos) miden 6 cm de diámetro e 18 mm de groso.
Tambén existen as Chaves de 1 aspa (nalgúns lugares do Ribeiro e no litoral pontevedrés) ou de 3 aspas (nomeadamente no oriente ourensán e lugués)