lunes, 26 de diciembre de 2011

A Chave (1ª parte)

A chave ou xogo da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia.


O obxectivo é petar cos pellos na chave o maior número de veces. A chave colócase inclinada e cunha pequena gabia atrás para que non roden os pellos. Pódese xogar en equipo ou por parellas.
Cada zona ten as súas propias normas, que difiren entre si polo tamaño e forma da chave (con aspas ou sen elas, pequena ou grande, etc.), no tamaño e peso dos pellos e no xeito de puntuar. Así, a chave pode ser unha barra de ferro de 75 cm con dúas ou tres aspas arriba que poden xirarse sobre a barra, ou unha sorte de lingua de ferro sobre un cilindro que se apoia no chan. Existen tres tipos máis extendidos que os demais.

1) A chave de ferrolterra
2) A chave de Santiago
3) A chave de Ourense


1. A CHAVE DE FERROLTERRA.

Cada equipa estará formada por cinco xogadores, podendo xogar tres de principio e cambiar cualquer dos outros dous despois da segunda man da primeira partida, non podendo xogar despois os xogadores substituídos.

Os xogadores atirarán os pellos alternadamente, é dizer, primeiro un xogador dunha equipa atirará a súa man e logo fará-o o xogador da equipa contrária.

O pé do xogador que está realizando o lanzamento, non pode pasar da liña marcada no chan, debendo ser esta unha táboa que sobresaia uns centímetros.

Cada xogador tirará 5 pellos por man.
A distancia do tiro será de 10,5 metros.         

O pello será de ferro e as medidas aproximadas de 80 mm. de diámetro, 20 mm. de espesor e un peso de 750 gramos. Os 10 pellos deben ser iguais, non 5 dunha forma e 5 doutra, se fora así, procederá-se ao troco entre equipas dunha partida para outra.

Para ser válida unha chave e preciso que xire unha ou máis voltas a que está máis perto da horquilla, tendo que ficar perpendicular ao armazón da mesma, despois de pasar por esta a outra pá.

A chave non e válida se o pello no seu voo bate no chan antes de dar na , mais si é válida se bate na horqilla ou noutra parte do armazón de ferro do conxunto facendoa xirar despois. Porén, sempre se terá presente que toda chave dubidosa non debe darse por válida.

As partidas serán de seis tiraxes completas por cada equipa; quen máis chaves faga ao remate será o gañador.


fonte:Amigos da Chave de Ferrolterra


2.  A CHAVE DE SANTIAGO

Para xogar precisa-se dun terreo con superficie dura rectángular, libre de obstáculos e con un desnivel non superior ao 10%.

A distancia entre a base da Chave e a liña de lanzamento será de 14,20 metros debendo-se situar o xogador que lanza os Pesos, por tras da liña sen a pisar.

A Chave será unha peza de ferro en forma de punta de lanza rústica ou língoa, que remata estreitando-se na súa base.

Os Pesos serán redondos e planos, alisados polas duas caras, debendo ter de 500 a 550 gramos de peso e serán os cuatro iguais.

A base na que se sostén a Chave (o Cepo), preferíbelmente, non será de ferro, co obxecto de non confundir os sons.

En cada partida han participar obrigatoriamente cuatro xogadores, emparellados dous a dous.

Atirarán os Pesos un xogador de cada parella, mentres os seus compañeiros permanezan a carón da Chave para –no caso de caír esta a causa dun lanzamento- sexa colocada polo compañeiro do xogador que atire a continuación.

Cada xogador lanzará dous Pesos por tiraxe.

Os Pesos que non atinen na Chave han-se contabilizar por tantos (cada peso un tanto) por proximidade coa chave. A pontuación oficial de cada partida é de 100 Tantos.

Cada peso que golpee na Chave, terá gañado un valor de 8 tantos, tendo que ser o lanzamento directo, sen rebotes nen ter petado antes no chan ou no cepo.

Non é preciso derrubar a Chave para contabilizar unha diana; abonda con que o peso a roce.

Cada vez que a Chave caiga ao chan colocará-se correctamente, mais se for o rozamento, o empurre do vento ou a vibración do cepo quen ocasionar a súa inclinación, mesmo se chegar a se poñer de perfil, non se poderá rectificar esta postura até a vindoura ocasión na que caiga ao chan.

Se unha vez lanzado o Peso, cai a Chave sen ter feito diana non se contabiliza como tanto, mais se atinar o Peso antes de chegar a Chave ao chan, será valida. Tambén terá validez se a Chave está no chan mais só cuando caiga cara tras do Cepo.

O sistema de anotación consiste en descontar os Tantos conseguidos dos acadados polo xogador da equipa contrária.

No caso dos dous xogadores obter as dúas máximas pontuacións atirarán novamente e pola mesma orde. Iniciará a xogada, en cada tiraxe, o xogador correspondente á parella que no anterior turno tiver somados máis Tantos, agás no comenzo da partida, que o fará o número máis baixo resultante no sorteu.

Ao se celebrar un sorteu de parellas, e resultara que son impares, a última terá de se enfrontar á gañadora da primeira partida, continuando outra vez polos números baixos e así sucesivamente até a fin.

As partidas sempre comezarán a se disputar polo número mais baixo. Ante a non asistencia dunha parella, a equipa rival terá que agardar até o remate da partida seguinte. Se aínda entón non aparecera, clasificará-se a equipa que agarda. No caso de que xá non houber mais partidas, acordará-se un tempo de espera de 15 minutos, transcurrido o cual, a parella obxecto da espera ficará descalificada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario