A afección de coleccionar selos, estudar e afondar no marabilloso mundo da filatelia leva implícitas certas similitudes e trazos comúns coas definicións de xogo que a continuación presentamos:
"O xogo é o mellor medio de comunicación entre especies diferentes, como tamén é o mellor medio de comunicación entre persoas de xeracións, clases sociais ou culturas diferentes" (Bateson, 1984 en Bantulá e Amora, 2002).
"...el xogo móstrase como unha ferramenta extraordinaria para facilitar as relacións e o encontro entre diferentes culturas...a través del pódese axudar aos nenos a que comprendan e respecten as diferentes culturas e formas de vida dos nenos e nenas que viñeron doutras nacións e que agora conviven connosco" (Lleixá, 2002).
"O xogo é un vehículo de entendemento entre as comunidades do mundo, que sabe guiarnos con paso firme e seguro polo camiño das relacións humanas... " (García e Martínez, 2004).
Menéndez (1963), levou a cabo unha valiosa análise etnolóxica deste xogo, e indica que existen aproximadamente 15 tipos de diagramas diferentes;
Se ben, o diagrama básico do peletre sempre se mantén, hai algunhas variantes como "Caracol", "cadrada" e "aeroplano". Son sempre un rectángulo dividido nunha cantidade que oscila entre 9 e 16 cuadrículas, coroado por un semicírculo (que se denomina Ceo ou Paraíso) que é o obxectivo último de todos os xogadores.
Un dos diagramas máis antigos que se coñecen, é o trazado no chan do foro de Roma (Grunfeld, 1978). En Grecia lanzábanse teixos de cerámica ou améndoas a unha liña marcada no chan para ver quen era o que o deixaba máis preto da liña. En Roma tamén se xogaba ao "Peletre" co nome de "grammismo", consistente en lanzar unha améndoa para quedar o máis preto dunha vara colocada no centro dun circulo, ou nun burato. (Ferreiro e Fernández, 2010).
Rodrigo Caro (1694) menciona a presenza deste xogo en Roma xa que no antigo foro romano aparecen liñas borrosas dos trazados de antigos Peletres, tamén hai datos que indican a presenza deste xogo na antiga Grecia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario